7 feb. 2017

PIPAS...PIPAS...QUE RICAS!!!


Ola de novo:
Estamos aquí outro curso máis para aprender a valorar o noso entorno. Este ano comenzamos cunha pregunta moi interesante:
De onde saen as pipas?
Algúns diredes que do supermercado ou dos xirasois. Pero… seguro que nunca vos fixastes que a flor está chea de puntiños negros no seu centro. Esas son as pipas. No cole plantamos o curso pasado varias plantas e, agora, no mes de outubro, podemos observar que as pipas xa están grandes. Probámolas e… non están salgadas!!!!
Entón que facemos para que poidan saber ben?
Buscamos en internet unha receita sinxela que poidamos facer nos e atopamos esta:
·  1º Paso:
·  Para tostar as sementes de xirasol, cubreas con auga fervendo e deixanas en remollo cinco minutos.
·  2º Paso:
·  Desauga e seca as sementes.
·  3º Paso:
·  Extiéndeas nunha capa moi fina sobre una tarteira non moi profunda. Regaas con sal e ponas no forno 15 ou 20 minutos remexendo de vez en cando.
·  4º Paso:
·  Sécanas en toallas de papel.



ESTABAN SUPERBOAS!!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario