21 abr 2017

AVESPA VELUTINA



TRAMPAS
 
 
 
A semana pasada, e despois da charla sobre a avespa velutina días atrás, construímos trampas para colgar do noso camelio.


 
 
Hoxe fomos mirar e...caiu una!!!
 
Seguiremos traballando para poder atallar esta praga que asola a nosa terra.
 
QUE É UN INXERTO?

 
 
Hoxe saímos a zona de árbores frutais a aprender a facer un inxerto. Non sabíamos o que era pero o profe Benito explicounos para que servía e como se facía.
 
Que cousas curiosas hai verdade?
 


 

SEMANA DA TERRA

 
 
 
DÍA DA TERRA
 
 
 
Con motivo da celebración do día da Terra, os alumnos do terceiro ciclo decidimos ir limpar o xardín xa que estaba cheo de malas herbas e así para poder plantar distintas hortalizas e verduras na horta.
Acabamos moi cansos pero contentos xa que quedou todo moi limpiño. Agora a esperar para poder plantar...
 


 


2 abr 2017

VISITAS INESPERADAS

  
 
VERMES ...VERMES...!!!
 
Esta semana tivemos una sorpresa... había una epidemia de vermes!!!
 
 
O noso buxo estaba cheo deles... Nos collemos lupas e...a observar e investigar...
 




SEMANA DOS BOSQUES


SOMOS XARDINEIROS!!!
 
 
Con motivo da celebración do día dos bosques (21 de marzo) fixemos de xardineiros no cole:
 
PLANTAMOS ÁRBORES E AMORODOS!!!
 
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas sobre esta actividade tan especial...
 
Agora temos que coidalos moito para poder velos crecer e degustar os seus froitos...