Aquí tedes o panel interactivo que fixeron o alumando de 5º e 6º. Noraboa polo voso traballo!!
Xa sabedes como funciona: para ler os códigos qr necesitades no voso dispositivo móbil un lector de códigos qr; e para ver as animacións a app aurasma (conectádevos á canle "A Charca CEIP Espinheira".
Para consultar toda a información da nosa web sobre a charca, picade AQUÍ
MEDIO AMBIENTE
24 jun 2017
18 may 2017
DÍA DAS PRANTAS
Semana de plantar!!!!
Este ano plantamos plantas de todo tipo nesta semana da Terra: pementos, cabazas, xirasois, xudías, chícharos e tomates.
Seguimos estes pasos:
1º paso: fixemos un burato.
2º paso: botamos o abono (caca de cabalo)
3º paso: botamos a terra por riba .
4º paso: puxemos a planta .
5º paso: voltamos a botar terra , abono e outra vez terra.
6ºpaso: e por último pisamos a terra e regamos.
21 abr 2017
AVESPA VELUTINA
TRAMPAS
A semana pasada, e despois da charla sobre a avespa velutina días atrás, construímos trampas para colgar do noso camelio.
Hoxe fomos mirar e...caiu una!!!
Seguiremos traballando para poder atallar esta praga que asola a nosa terra.
SEMANA DA TERRA
DÍA DA TERRA
Con motivo da celebración do día da Terra, os alumnos do terceiro ciclo decidimos ir limpar o xardín xa que estaba cheo de malas herbas e así para poder plantar distintas hortalizas e verduras na horta.
Acabamos moi cansos pero contentos xa que quedou todo moi limpiño. Agora a esperar para poder plantar...
2 abr 2017
VISITAS INESPERADAS
VERMES ...VERMES...!!!
Esta semana tivemos una sorpresa... había una epidemia de vermes!!!
O noso buxo estaba cheo deles... Nos collemos lupas e...a observar e investigar...
SEMANA DOS BOSQUES
SOMOS XARDINEIROS!!!
Con motivo da celebración do día dos bosques (21 de marzo) fixemos de xardineiros no cole:
PLANTAMOS ÁRBORES E AMORODOS!!!
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas sobre esta actividade tan especial...
Agora temos que coidalos moito para poder velos crecer e degustar os seus froitos...
22 mar 2017
12 mar 2017
PRIMAVERA 2017
XA VEN A PRIMAVERA!!!
Xa cheira a primavera no cole!!.Despois de tantos días de frío e chuvia, por fin puidemos saír ao noso xardín.
Fomos visitar a charca onde xa hai novos vecinos pero... o que máis nos gustou foi colocar unas casetas de paxaros!!!
Esperamos que pronto teñan habitantes ; )
16 feb 2017
VOLVEMOS A VERNOS...
Ola que tal de vacacións?
Este ano o primeiro que fixemos ao chegar ao cole foi ir ver que tal están os nosos veciños os bechos da charca.
Había moitos: ras, cabaliños do demo, mosquitos... e tamén observamos que a vexetación estaba máis grande.
Este curso púxemoslle ao redor unha corda para que poidamos achegarnos sen perigo de mollar os pés.
Mirade que chulada!!!
Este ano o primeiro que fixemos ao chegar ao cole foi ir ver que tal están os nosos veciños os bechos da charca.
Había moitos: ras, cabaliños do demo, mosquitos... e tamén observamos que a vexetación estaba máis grande.
Este curso púxemoslle ao redor unha corda para que poidamos achegarnos sen perigo de mollar os pés.
Mirade que chulada!!!
7 feb 2017
PIPAS...PIPAS...QUE RICAS!!!
Ola de novo:
Ola de novo:
Estamos aquí outro curso máis para aprender a
valorar o noso entorno. Este ano comenzamos cunha pregunta moi interesante:
De onde saen
as pipas?
Algúns diredes que do supermercado ou dos
xirasois. Pero… seguro que nunca vos fixastes que a flor está chea de puntiños
negros no seu centro. Esas son as pipas. No cole plantamos o curso pasado
varias plantas e, agora, no mes de outubro, podemos observar que as pipas xa
están grandes. Probámolas e… non están
salgadas!!!!
Entón que facemos para que poidan saber ben?
Buscamos en internet unha receita sinxela que
poidamos facer nos e atopamos esta:
· 1º Paso:
· Para tostar as sementes de xirasol,
cubreas con auga fervendo e deixanas en remollo cinco minutos.
· 2º Paso:
· Desauga e seca as sementes.
· 3º Paso:
· Extiéndeas nunha capa moi fina
sobre una tarteira non moi profunda. Regaas con sal e ponas no forno 15 ou 20
minutos remexendo de vez en cando.
· 4º Paso:
· Sécanas en toallas de papel.
23 feb 2013
A charca, construción (11.05.12)
Aquí tedes unhas fotos da construción dunha parte "artificial" na nosa charca. Debido á seca deste ano intentamos que a auga permanecera máis tempo.
27 abr 2011
30 mar 2011
13 mar 2011
A charca, 11 de marzo de 2011
Nesta presentación poderedes ver unha cría de píntega xa coas manchiñas e unha cría de rá con cola
A charca (11.3.2011)
View more presentations from Espinheira Aldan.
5 mar 2011
De que anfibio será cría este bichiño?
Investiga e mándanos un comentario coa resposta e o teu nome. A volta do entroido a solución...

Pois é dunha píntega,picade neste enlace e veredes ao final da páxina unha cría de píntega igual ca nosa.
Pois é dunha píntega,picade neste enlace e veredes ao final da páxina unha cría de píntega igual ca nosa.
A charca, 4 de marzo de 2011
Botádelle un ollo a esta presentación, atopamos un bichiño un pouco raro:
A charca (4.3.2011)
View more presentations from Espinheira Aldan.
25 feb 2011
"A charca no mes de febreiro"
Nesta presentación poderedes ver como está a nosa charca agora mesmo, xa naceron as culleres e tamén unha píntega que atopamos no pavillón e a soltamos no mes pasado na charca:
A charca 2
View more presentations from Espinheira Aldan
Suscribirse a:
Entradas (Atom)